Quen somos?

logoMAV_negro-(1)Músicas Ao Vivo nace no ano 2008 co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes d@s músic@s de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde tod@s @s músic@s teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo d@s músic@s que a levan a cabo.
Nestes anos, a asociación convertiuse nun referente indiscutible para @s músic@s galeg@s, como interlocutor lexítimo fronte á administración autonómica, estatal e internacional; e como máximo responsable da comunicación e visibilidade d@s músic@s galeg@s, sen facer distinción entre tipos de música, disciplinas ou estilos.
No ano 2015 un grupo de músicos e músicas da nosa cidade crearon a sección Músicas ao Vivo Coruña e están a traballar con ilusión e constancia para mellorar as condicións e dar maior visibilidade e calidade ao noso traballo.

Queres coñecernos? Acude a unha xuntanza aberta de MAV Coruña e participa coas túas inquedanzas. Únete a nós e defende os teus intereses como músic@. Na actualidade véñense celebrando dúas xuntanzas abertas ao mes, un luns e un sábado de cada mes. Séguenos en facebook e entérate de ónde vai a ser a próxima. Eiquí podes ver as xuntanzas celebradas.